Thursday 19 de September de 2024

Minuto de silencio en Ordes en repulsa ao atentado terrorista acontecido en Bruxelas


O pobo de Ordes lanzouse esta mañá á rúa para amosar a súa repulsa aos atentados acontecidos onte en Bruxelas, os cales lles custaron a vida a polo menos 30 persoas. Numerosos veciños e veciñas, traballadores do Concello, membros o Goberno Local encabezados polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, integrantes da corporación local con representantes de todas as forzas políticas (UxO, BNG e PSOE) gardaron un minuto de silencio na escalinata de entrada ao antigo Concello. Un xesto co que tamén se quixo pór de manifesto o apoio ás vítimas e achegados e achegadas deste masacre que conmocionou no só a Europa, senón a todo o mundo.